Que son as Contornas Persoais de Aprendizaxe?
As Contornas Persoais de Aprendizaxe son un novo enfoque sobre como e onde aprendemos. Son unha maneira de entender ese proceso formal e informal de adquirir coñecementos que se desenvolve ao longo de toda a vida.
Elaborar un PLE permítenos desenvolver as nosas competencias e favorecer a nosa aprendizaxe porque o deseño adáptase aos intereses e necesidades persoais.
Un PLE ten tres partes principais segundo Jordi Adell:

- Cada persoa fíxase os seus propios obxectivos. Decide que, como, onde, a que ritmo e en que grao quere aprender.
- Non hai unha estrutura formal. Non hai esixencias, límites nin restriccións.
Un PLE ten tres partes principais segundo Jordi Adell:
- As ferramentas que eliximos para a nosa aprendizaxe.
- Os recursos ou fontes de información.
- A Rede persoal de aprendizaxe (Persoal Learning Network, PLN) que imos construíndo.
Esquema gráfico da miña Contorna Persoal de Aprendizaxe
A miña contorna persoal de aprendizaxe |
Da miña contorna persoal de aprendizaxe destaco as posibilidades que ofrece o mundo dixital (ferramentas, recursos e servizos) para acceder, organizar e compartir coñecemento. Atopar e seleccionar información útil e relevante de forma eficiente é para mín a parte máis laboriosa. Servizos como Feedly e ferramentas como os clásicos marcadores ou Diigo facilitan ese traballo.
No meu día a día actualizo, reforzo e incorporo novos coñecementos mediante o consumo de información de diversas fontes: prensa, blogs, videos, presentacións. Emprego e valoro enormemente os servizos de almacenamento na nube como Dropbox, Google Drive ou o que ofrece Office 2010. Aportan seguridade no arquivo de información, permiten tela en todo momento e en calquera lugar, compartila e traballar de xeito colaborativo.
Por último, non quixen deixar atrás neste esquema da miña contorna persoal de aprendizaxe os "lugares creativos" do mundo offline onde reflexiono, ordeno inquietudes e de súpeto aparecen as mellores ideas... Todas as ferramentas e espazos, online e offline, nutren e potencian a miña personalidade curiosa e autodidacta.
Captura de pantalla de Feedly |