viernes, 17 de julio de 2015

Nube de intereses de Beatriz Otero

Estas son as miñas principais áreas de interese:



Hai catro características que definen a un bo/a profesional da orientación laboral. A recabación constante de información actualizada; a selección permanente de accións significativas para o desenvolvemento profesional (propio e alleo); unha clara conciencia social e a transferencia de coñecemento. As catro configuran un perfil de gran versatilidade laboral que require hábitos, actitudes, prácticas, procesos e habilidades para traballar nunha realidade empresarial, económica, social, cambiante e incerta. Estos retos, xunto cos valores dun bo desempeño profesional, son os que figuran na selección de palabras para esta nube de etiquetas.

Axudar a xestar e consolidar a identidade profesional dunha persoa non é algo sinxelo nin intrascendente. Así que... a dar un 100% cada día, esforzo ao máximo, optimismo "full-time", aprendizaxe constante e a descubrir que as oportunidades poden aparecer en calquera lugar.

Sígueme en Twitter.

No hay comentarios:

Publicar un comentario