viernes, 17 de julio de 2015

Nube de intereses de Rosa González Quintáns


Estas son as miñas principais áreas de interese:



Escollín a estrela de mar, porque coas súas cinco puntas, lembroume a figura do orientador laboral, polos seus coñecementos interdisciplinares. Ademais rexenera os seus brazos para renovarse, igual que o orientador laboral -que traballa nun ámbito tan cambiante como o laboral- debe poñerse constantemente ao día, para estar ao tanto destes cambios.

Para min é importante a acreditación do currículo e a súa actualización para poder obter mellores resultados na intermediación laboral entre a oferta e a demanda de emprego.

A formación, tanto por vías formais como non formais, é unha chave para acceder ao mercado de traballo. A formación para o emprego e o manexo das tecnoloxías da información unha ferramenta indispensable para unha persoa en busca activa de emprego. Unha boa rede de contactos cos que compartir información de interese para estar ao día pode axudar nesta busca.

Cando non é posible acreditar formación nin experiencia ou tras un longo período en desemprego, pode ser necesario un itinerario personalizado, para mellorar a empregabilidade, por medio do acceso a programas ou outras vías formativas ou laborais. Neste labor de acompañamento é necesaria unha gran dose de empatía e motivación para lograr os obxectivos marcados.




No hay comentarios:

Publicar un comentario