domingo, 19 de julio de 2015

Reflexión Personal de Rocío Glez Figueiras


POSGRAO DE ESPECIALIZACIÓN EN ORIENTACIÓN LABORAL


Módulo 1: Marco conceptual da Orientación Laboral




Neste primeiro módulo profundizamos acerca das políticas activas de emprego, a formación profesional, a formación ocupacional e continua, o procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, o Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais, e ampliamos conceptos sobre o mercado de traballo, a creación de empresas e o emprendemento.


  • Tema 1: Marco de referencia da orientación laboral
  • Tema 2: Mercado laboral
  • Tema 3: Certificación e formación profesional
  • Tema 4: A política social e de emprego na Unión Europea
  • Tema 5: A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral


Nesta entrada resumiremos os conceptos traballados no primeiro módulo do curso e nas sesións presenciais do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral.
Estas sesións tiveron lugar no Centro Tecnolóxico de Galicia os venres e os sábados entre o 13 de Xuño ao 18 de Xullo.





Marco de referencia da orientación laboral
Neste primeiro tema traballouse na organización, estructura e competencias do Sistema Nacional de Emprego, concretamente en relación ao Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e o Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), revisando as súas competencias, medidas que se están a desenvolver, programas e subvencións.
En canto a política de emprego en España este tema nos fala do Marcosinstitucional das políticas activas, especialmente do PAPE, a estratexia de activación para o emprego e o Plan anual de Reformas das políticas activas de emprego, profundizando en aspectos coma o desemprego xuvenil, a educación dual e o emprendemento.
Por último, todos estes apartados se enmarcan dentro dun contexto global coa estratexia Europea de Emprego 2020, con prioridades e obxectivos definidos.

A ponencia relacionada tivo lugar o día: 13/06
Ponente: Dna. Teresa Bernal


Nesta sesión realizouse unha contextualización do Servizo de Orientación Laboral na Comunidade Autónoma de Galicia desenvolvendo conceptos clave como ¿Qué e o SPEG?, as políticas activas de emprego, transferencia de compentencias dende o SEPE, o organigrama da Consellería de Traballo e Benestar, as Oficinas de Emprego, a demanda de emprego, a dispoñibilidade-empregabilidade-ocupabilidade. Nunha segunda parte analizouse o mercado laboral mediante os resultados da EPA en Galicia. Para rematar a sesión traballouse sobre as medidas activas de emprego do SPEG: os servizos para a mellora da empregabilidade, as axudas ao autoemprego e á economía social e as axudas á contratación por conta allea.

Mercado laboral

Neste segundo tema tratamos o ámbito do mercado de traballo, a oferta e a demanda e o desemprego, os indicadores relacionados co nivel de emprego coma a Enquisa de Poboación Activa (EPA) ou as taxas correspondentes. Ademáis, traballouse nos instrumentos e ferramentas para estudialo coma o observatorio ocupacional do SEPE e o SPEG, o observatorio europeo do emprego OEE, as ocupacións e os tipos de traballo.
Tamén profundizamos na normativa actual das relacións laborais, os novos xacementos de emprego e os perfís profesionais

A ponencia relacionada tivo lugar o día 04/07
Ponente: D. Fernando Agulló Leal

A ponencia do docente tratou sobre o mercado de traballo desglosando conceptos como: a oferta de traballo, a demanda de traballo, o equilibrio do mercado, os indicadores e as taxas do mercado segundo a EPA, o paro e as súas clases (fricional, estructural e cíclico), causas e efectos. Na última parte da sesión traballouse a iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral.

Certificación e formación profesional

Neste terceiro tema dentro do Módulo 1 analizouse en profundidade conceptos clave na orientación laboral como son:
- A cualificación fronte a competencia
- O Sistema nacional de cualificacións (SNCFP)
- As cualificacións profesionais no contexto Europeo e Marco Europeo das cualificacións.
- O Instituto galego das cualificacións.
- A acreditación de competencias.
- Os certificados de profesionalidade e a formación para o emprego.

A ponencia relacionada tivo lugar o día: 27/06 e 03/07
Ponente: Dna. Ana Ferreiroa Dobarro / Dna. Elena González de la Cámara

Nestas dúas sesións especialmente importantes as ponentes traballaron todos os conceptos relacionados coa formación profesional e o sistema de formación profesional para o emprego, os certificados de profesionalidade, as últimas modificacións introducidas na normativa, o catálogo nacional de cualificacións, o recoñecemento da experiencia profesional...  

A política social e de emprego na Unión Europea

Neste cuarto apartado desglosouse a política social e de emprego na unión europea. Puntos amplamente dificultosos para os orientadores laborais, pola complexidade da materia. 
Os puntos clave que se traballaron foron as Institucións e organismos comunitarios relacionados en materia de emprego, a mobilidade e libre circulación dos traballadores, os fondos estructurais FSE para o financiamento das políticas de emprego, o fondo europeo de adaptación á globalización FEAG, o programa progress e as políticas de emprego na Unión Europea e en España.

A ponencia relacionada tivo lugar o día: 10/07
Ponente: Dna. Cristina Couto Palla

A ponente desenvolveu ampliamente a política social e de emprego na Unión Europea, os servizos existentes, as axudas públicas e programas europeos actuais e os mecanismos de traballo dentro da eurozona.

A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral

Neste último tema sobre o emprendemento tratáronse os aspectos habituais das fases da creación de empresas coma o contexto, os beneficios e inconvintes, o modelo de negocio, o perfil do emprendedor, as fases da creación da empresa e as claves máis importantes.

A ponencia relacionada tivo lugar o día: 04/07 e 11/07
Ponente: D. Fernando Agullo Leal

A sesión levada a cabo o día 11 de Xullo baseouse na realización do lienzo segundo o modelo CANVAS. O día 4 de Xullo traballáronse ademáis os conceptos de iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral: o contexto da dinámica emprendedora, informes do GEM, evolución da TEA (taxa de actividade emprendedora), as motivacións para emprender... Ademáis analizouse o emprendemento e os beneficios sociais da creación de empresas e da economía social e traballouse sobre os elementos esenciais na creación de empresas: a idea, o plan de empresa e os motivos.

Formación Transversal: AS COMPETENCIAS DIXITAIS

Durante a realización de todo o tema desenvolvéronse competencias transversais dixitais.

A ponencia relacionada tivo lugar os días: 26/06 e 17/07
Ponente: D. Carlos Parada Gandos

As competencias dixitais foron traballadas ao longo de todas as xornadas presenciais. Especialmente fomentouse o traballo con twitter. A continuación, para saber máis sobre as redes traballadas acompaño enlaces a cada unha de elas.






REFLEXIÓN PERSOAL


Respecto as sesións levadas a cabo dentro do programa considero que xa posuía un coñecemento moi profundo sobre casi tódolos temas a tratar. Considero de especial importante a posibilidade que se nos brinda neste posgrado de falar con expertos no ámbito da orientación, destacando a Ana Ferreiroa ou Teresa Bernal, as cales plantexar certas dúbidas que nos xurden durante o desenvolvemento do noso traballo. 
Respecto ás posible pautas de mellora dentro da formación, os conceptos traballados coas competencias dixitais son demasiado simples para os que coñecemos as ferramentas, e moi complicados para aqueles que as descoñecen totalmente. Sería recomendable dividir o alumnado por perfís para mellorar e facilitar o traballo na aula dos/as alumnos/as e do profesor.
Considero que para algúns contidos traballados deberían dedicarse máis de unha sesión como a ponen de Ana ferreiroa ou de Cristina Couto.
Sen embargo, opino que a maior aportación deste posgrado é a posibilidade do contacto e a transferencias de coñecementos entre colegas do noso ámbito de traballo e a riqueza que eso supón.



1 comentario:

  1. Completamente de acordo co que comentas na túa reflexión persoal.

    ResponderEliminar