martes, 13 de octubre de 2015

O Videocurrículum: algúns aspectos a ter en conta.


Non cabe dúbida de que as TICs e Internet, cambiaron a maneira de buscar emprego. A aparición de novas ferramentas coma o videocurrículum, fan que o candidato se dé a coñecer de forma creativa e innovadora, engadindo unha nota de diferenciación frente ó resto dos aspirantes e ofrecendo a posibilidade de mostrarse de maneira máis dinámica e creativa; sendo un medio moi utilizado por profesionais e sectores relacionados coa comunicación, novas tecnoloxías, atención ao publico entre outros.


Pero ¿que é o videocurrículum?


O videocurrículum, é unha presentación audiovisual curta, de entre dous e tres minutos no que o candidato se presenta a sí mesmo mostrando o seu perfil profesional, dando a coñecer ás empresas os seus principais argumentos para ser contratado.




Algúns aspectos a ter en conta para a súa elaboración:

  • É importante a realización dun guión antes da grabación, para saber que queremos contar, como o vamos a contar e a quen nos diriximos.
  • O contido do videocurrículum debe de respostar a tres preguntas: "quen eres", "que fas" e "como traballas".
  • O tempo da grabación non debe superar os 2 ou 3 minutos de duración.
  • A iluminación debe ser a axeitada, que se nos vexa de forma clara, con un fondo neutro con cores suaves e a poder ser con un plano pechado para evitar distraccións.
  • O lugar da grabación debe ser o máis silencioso posible onde se escoite con claridade a mensaxe que estamos a comunicar.
  • A nosa presentación coidada, coa vestimenta apropiada ao posto que optamos e a empresa a que nos diriximos..




Ventaxas e desventaxas de usar o videocurrículum


Ventaxas:

  • Enfoque máis persoal, orixinalidade, diferenciación do resto de candidatos.
  • Maior facilidade para mostrar aptitudes e capacidades que non se poden mostrar nun currículum tradicional: capacidade de síntese, habilidades para a comunicación....
  • Aforro de tempo para as empresas a hora de reclutar persoal.

Desventaxas:

  • É máis custoso de elaborar que un currículum tradicional e require de máis medios.
  • É máis díficil de modificar e de adaptar a distintas empresas e postos.
  • Non permite un uso xeralizado, xa que non todas persoas se sinten cómodas diante dunha cámara, nin posúen as mesmas habilidades para comunicarse.

En definitiva o videocurrículum aporta máis información que o currículum tradicional pero ámbolos dous perseguen o mesmo obxectivo que é conseguir unha entrevista, dependerá do candidato empregar un ou outro en función do que máis lle conveña.

Para ter máis información:



No hay comentarios:

Publicar un comentario