sábado, 31 de octubre de 2015

Modulo 3: Marco Instrumental da Orientación Laboral

Este  último módulo abrangue do tema 11 ao tema 16 e todos eles falan do traballo do Orientador Laboral nas suas diferentes facetas dende a intermediación laboral, os itinerarios de inserción, procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións, análise de perfis profesionais e prospección de emprego pasando tamén por as técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e ao autoemprego ata chegar a elaboración do plan de empresa.

Imos a analizar cada un deles dunha maneira resumida para que nos quede claro todo o traballo que desenrolan os Orientadores laboráis:

Intermediación laboral: Hai diferentes modelos de intervención en orientación laboral: módelo didáctico (ten a función de aconsellar), módelo de asesoramento (faciliatar a toma de dicisións a través do consenso), módelo centrado nos recursos (postura de ignorancia deliberada- traballa preferentemente con grupos).
Neste tema non só vimos a tendencia da orientación laboral a nivel estatal senón tamén na U.E e ambos comparten que é un proceso continuo, que non se concibe como algo marxinal ou puntual.
Tamén tratamos o módelo de metodoloxía e intervención e os principios nos que se debe basar a orientación : Individualización, Flexibilidad e Autonomía.                          
Na última parte do tema faise especial mención aos colectivos máis vulnerables e as persoas con discapacidade, xa que se o acceso ao mercado de traballo non é un camiño doado, para determinados colectivos ainda é mais complexo, xa que se encontran nunha posición de desventaxe con respecto a outros usuarios.

Os Itinerarios de inserción: que como ben nos explicou Mª Teresa Deus Trasobares e un conxunto de acción que se organizan nun proceso personalizado, lóxico e consensuado co usuario que ten como obxetivo a inserción sociolaboral. Consta de diferentes fases a primeira é a de Acollida onde ambas partes se dan a coñecer a través dunha entrevista individualizada , coa presentación do orientador e dos servizos que ofrece valorando o grado de motivación e intentando crear un vínculo de confianza.

A segunda parte e a do Diagnostico onde recollemos e valoramos información sobre a empregabilidade da persoa: características persoais, formación, traxectoria laboral (curriculum oculto), situación social e familiar, a parte das actitudes e aptitudes que mostra (ferramentas útiles para desenvolver esta fase é a analise DAFO).

Sempre que se conte co compromiso da usuario/a citarase en diferentes entrevistas de seguimento e mantemento marcando diferentes obxetivos ata chegar ao Peche, non sempre se conseguirá a inserción laboral estable, pero si unha mellora na autonomía da persoa.

Procesos individuais de orientación e axuda a toma de decisión: Neste tema Mª Teresa Deus Trasobares explicounos os diferentes tipos, fases e partes das entrevistas de orientación laboral: as funcións do entrevistador/a e avaliar  se o candidato/a e a persoa  adecuada a un determinado posto de traballo (avaliando se sabe, se pode ou se quere… realizar as tarefas do posto de traballo, e tamén  descubrir as actitudes e  motivacións do entrevistado ).
O entrevistado ten que demostrar que pode, sabe e quere…desenrolar as tarefas do posto de traballo, para elo hai que saber “ venderse”, transmitir confianza, reunir información referente o posto en cuestión e a empresa e saber argumentar os motivos polo que lle interesa dito posto de traballo.
Hai diferentes tipos de entrevista: dirixida, semidirixida e grupal.
Parte importante das entrevistas de selección que  tratamos en dito tema foi a comunicación verbal e  non verbal, as expresións que manifestan éxitos, motivación, seguridade…

Tamén se falou da entrevista de selección por competencias: as competencias son as habilidades que unha persoa tivo que utilizar para conseguir unhos resultados, para elo temos que integrar tres conceptos: saber, facer e querer  se falta algún dos tres estamos a falar de personalidade, formación, motivación…pero non de competencias. Consta de varias fases: entrevista individual, pase de probas, entrevista en profundidade , informe dos candidatos.

Na última parte do tema vimos a orixe da orientación laboral na U.E parándonos nas diferentes características que sobresaen na orientación laboral dos diferentes países europeos coma Alemania, Austria, Luxemburgo, Paises Baixos, Portugal, Reino Unido…..

Análise de perfis profesionais e prospección de emprego: unha tarefa fundamental para calquer orientador laboral e o coñecemento dos postos de traballo existentes e a súa análisis: o exercicio  principal para traballar a análise do posto de traballo consiste en propor o usuario/a  que busque información en diferentes fontes sobre ocupacións de interese, cales son as principais características, que ofrece e demanda o posto de traballo, esta analise pode ser de gran utilidade para elaborar o c.v e mesmo para preparar a entrevista de traballo.
Tamén adicamos un espacio aos novos perfis profesionais: o mundo está a cambiar a ritmos vertixinosos, e loxicamente iso tamén traerá novas tendencias e profesións debido a globalización, novos formatos e horarios (teletraballo ou traballo a distancia) onde as novas tecnoloxias teran un papel evidente.
A  prospección empresarial foi a parte final deste tema definindoa como a acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, sensibilizando ao empresario sobre os colectivos obxecto de insercción laboral. Servenos para mellorar o coñecemento da realidade empresarial e das empresas, detectando necesidades, así como informando  as empresas de programas e plans formativos, subvención e axudas, consta de diferentes fases: preparatoria, planificación, traballo de campo, avaliación e seguemento.

Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego: o obxetivo principal do orientador laboral en relación a este tema e dar a coñecer as diferentes técnicas e ferramentas para que o orientado as poña en práctica e adquira as habilidades necesarias para ter autonomía propia, pódense difundir de maneira individual ou colectiva por exemplo a través de dinámicas grupais, as mais coñecidas son o curriculum vitae(cronoloxico,funcional,por competencias,Europass, videocurriclum..) as cartas de presentación (de resposta a un anuncio,de autocandidatura, de seguimento, de agradecemento, de recomendación…), entrevistas de selección (individual ,multiple, grupal, libre ,mixta, curricular, por competencias...), networking…
 O proceso de selección é a unión entre a empresa que dispón dunha vacante e a persoa que se atopa en procura de emprego e como ben nos dixo Mª Teresa Deus Trasobares a mellor maneira de poñelas en práctica e con metodoloxias expositivas, discursións de casos e dinámicas grupais.
Tamén falamos das canles para procurar emprego coas suas ventaxas e inconvintes, entre elas as seguintes:
-Bolsas de traballo (portais on line de emprego xeralistas ou sectoriais, asociación profesionais, colexios profesionais, universidades, sindicatos….)
-Prensa xeneralista ou/e sectoriais.
-Convocatoria de emprego público: estatal, autonómico, local…
-Intermediarios entre a oferta e a demanda: SPEG,ETT….
-Autocandidatura nas empresas que encaixen no perfil do orientado.
-Networking
Na última parte do tema vimos os Recursos para o autoemprego e  os organismos que apoian a actividade emprendedora como son o IGAPE, Consellería de Traballo eBenestar,Rede Eusumo,  Oficina doemprendedor….

Elaboración do plan de empresa: O obxetivo deste último tema centrase na elaboración do plan de empresa e na análise económico-financeira: estudio de viabilidade, desenrolado por Fernando Luis Agulló, xa que cada vez e mais frecuente que o orientador laboral teña as  funcións de asesoramento as persoas emprendedoras.

O plan de empresa é un documento onde a persoa emprendedora consegue darlle forma a idea ca que vai por en marcha a súa propia empresa , vimos de maneira práctica unha empresa (sociedade cooperativa) chamada Escola de Mergullo  “ Mastersub Golfo Artabro” e tamén fixemos por grupos diferentes iniciativas empresariais  analizando o estudo de mercado, plan comercial, plan de organización e RRHH, aspectos legais, estudo económico-    financeiro.


Enlaces de Interes:

Subvenciones

No hay comentarios:

Publicar un comentario