lunes, 5 de octubre de 2015

REF. PLE e FEEDLY


Reflexión contorno PLE  e FEEDLY de Matilde.-

Como un novo enfoque de aprendizaxe formal e non formal, dende as novas tecnoloxías,  sen unha estrutura concreta, dividido en tres etapas, utilizando diferentes ferramentas que a veces utilizo só en algunha das etapas,  e outras en varias.

1-      Fontes de información: buscadores, webs e programas, que me permiten localizar e filtrar a información que necesito.

2-      Aplicacións que me permiten organizar esa información relevante para o meu traballo e na vida privada.

3-      Aplicacións e Redes sociais, que me facilitan o contacto con outras persoas para compartir información de interese para ambas.

Conectando todos estes canles, consigo mellorar a xestión do meu aprendizaxe.

E agora que comezo a coñecer  novas ferramentas de busca, filtraxe e comunicación que nos axilizan tanto o traballo, estou convencida de que debo saír dos hábitos convencionais e ampliar recursos; xa comecei a utilizalas no día a día no desenvolvemento da miña profesión.

Son consciente de que é necesario e que me queda moito por aprender no manexo destes novos recursos. E por suposto, estou disposta a a estar actualizada.
 
 

 

 

 
Feedly  Como ferramenta RSS de gran utilidade que nos permite filtrar, ordenar e clasificar contidos de  un interese, sen ter que visitar cada Web.

 
 

 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario