Facendo un percorrido e unha reflexión persoal de todo o visto neste primeiro módulo no Curso de Especialización en Orientación Laboral comezamos pola clasificación dos diferentes temas vistos :
- Tema 1: Marco de referencia da orientación laboral
- Tema 2: Mercado laboral
- Tema 3: Certificación e formación profesional
- Tema 4: A política social e de emprego na Unión Europea
- Tema 5: A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral
1. O MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL:
Gracias a exposición de Teresa Bernal somos capaces de diferenciar as competencias do noso Sistema Nacional de Emprego e distinguir servizos para mellorar a Dispoñibilidade, Empregabilidade e Ocupabilidade.
E deixounos claro a quen lle corresponde levar a cabo as politicas Activas e Pásivas:
-Politicas Activas: o SPEG depende da Xunta de Galicia presta servizos ou exercen funcións no ámbito das Politicas Activas de emprego que son un conxunto de accións e medidas de orientación, emprego e formación dirixidas a mellorar as posibilidades de acceso ao emprego.
- Politicas Pásivas: refirese as prestacións e subsidios... e correspondelle o Servizo Público de Emprego Estatal.
Despoís de escoitar a Fernando Agulló e Mª Teresa Deus somos capaces de orientar sobre as tendencias do Mercado de traballo e como alcanzar o equilibrio de dito Mercado, xa que ven determinado polo punto de encontro das curvas da oferta e da demanda de traballo.
Quedounos claro os indicadores do Mercado de Traballo según as definicións da EPA (Enquisa de Poboación Activa):
Activos, Ocupados (traballadores por conta propia e asalariados ou traballadores por conta allea ven sexa na administración ou empresa pública ou na empresa privada a tempo completo ou a tempo parcial) e Parados.
Taxas segundo a EPA: Taxa de Actividade, Taxa de Paro e Taxa de Emprego.
Desemprego - tipos de paro: paro estructural, paro friccional, paro ciclico, paro estacional.
Podemos ter coñecemento de todo elo a través do Observatorio Ocupacional ven a nivel estatal do Servizo Público de Emprego Estatal, ou autonómico do Servizo Público de Emprego de Galicia: Observatorio Ocupacional Xunta
Un resume práctico tedelo no seguinte video!!!
3. CERTIFICACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
A exposición de Ana Ferreiroa e Elena González deixounos claro ¿Cómo acadar unha cualificación Profesional?
Hai tres maneiras:
1. A través do sistema educativo - titulos FP (Formación Profesional Básica que sustitue o PCPI, Formación Profesional de grao medio (nivel 2) e Formación Profesional de grao Superior (nivel 3) , e durante un tempo coexistirán os Titulos LOGSE e os Títulos LOE.
2. Mediante o sistema de Formación para o emprego - Certificado de profesionalidade. Durante un periodo de tempo coexistiran os certificados antigos cos novos, neste cadro vemos as diferencias entre ambos:
3.Mediante o Recoñecemento da competencia profesional:
Que trata dun conxunto de actuacións dirixidas a recoñecer a competencia adquirida a través da experiencia profesional e/ou das vias non formais de formación (cursos), é un procedemento único tanto no ambito educativo como para o laboral e teñen validez en todo o territorio do estado.
Estructura do procedemento:
Inscrición (previa publicación do DOG)
1. Fase de asesoramento: obligatoria, individualizada ou colectiva e presencial ou telematica) nesta fase emitese un informe non vinculante.
2. Fase de Avaliación realizada por unha Comisión de avaliación (de mínimo 5 persoas) que comproban se o candidato demostra a competencia profesional requerida.
3. Fase de Acreditación da Competencia Profesional.
E por último rexistro das acreditacións, nesta fase expedirase unha acreditación de cada unha das unidades de competencia que se superan.
4. POLITICA SOCIAL E DE EMPREGO NA UNIÓN EUROPEA
A orixe e evolución da politica social e de emprego na U.E levouse a cabo a través do tratado de Amsterdan e do Tratado de Lisboa co obxetivo de reducir o desemprego.
O FSE ,(fondos estructurais) foron creados para promover o emprego e o financiamento de ditas politicas e o desenvolvemento dos RRHH en todos os paises da U.E.
Neste video dispoñible en varios idiomas do FSE (2014-2020) queda todo moito mais claro:
As institucións e organismos comunitarios en materia de emprego que poñen en marcha ditas politicas son os seguintes:
-Comisión Europea
-Parlamento Europeo
-Consello da U.E
-Comité Económico Social Europeo
5. INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL
Nos últimos tempos vividos a evolución do paro debido a crise socioeconomica segue alentando ao emprendemento por necesidade, mais que como algo innato ou cultural dos españois, para elo temos que mellorar nos seguintes aspectos para ser mais e mellores emprendedores:
-Necesitamos mellorar o acceso ao financiamento (falta de recursos persoais)
-Reducción de tramites burocraticos para crear unha empresa (excesiva burocratización).
-Implantar materias que fomenten o espirito emprendedor na etapa escolar.
-Formación especifica.
Os tres elementos esenciais que temos que ter en conta para a creación dunha empresa son:
-A idea- ¿Qué?
-O emprendedor- ¿Quen e Por Que?
-Plan de empresa - ¿Cómo?
Fernando Agulló explicounos que é un Plan de Empresa e para que serve? é quedounos claro que é un documento onde o emprendedor lle dá forma á súa idea, reflexiona e plasma as cuestións mais importantes, hai moitas e variadas formas de elaborarse , nos aquí puxemos en práctica o Método Canvas.
Aqui tedes unha foto co traballo feito en conxunto!!!
Por último como reflexión final decir, que grazas a todos estes coñecementos adquiridos ou en proceso de asimilación sobretodo nas competencias TIC (que algunhas delas xa as coñecia ainda que non as poñia en práctica) o proceso de orientación laboral e profesional faise mais facil e ameno, podendo dar así un servizo mais eficaz e completo a todo aquel usuario que o necesita.
ENLACES DE INTERES!
Portal de Emprego
Ven a FP
Recoñecemento da Experiencia Profesional
Portal Eures
Guia Empresarial
Ideas de Empresa
100 Ideas para Triunfar
O señor Benjamin foi por riba dos seus requisitos para axudarme co meu préstamo que empregou para ampliar o meu negocio de farmacia, eran xoias simpáticas, profesionais e absolutas para traballar. Recomendaré a calquera persoa que busque préstamo para contactar. Lfdsloans@outlook.com.WhatsApp ... + 19893943740.
ResponderEliminar